Programación semanal da derradeira semana de febreiro:
Tócanos rematar o tema 7º en todas as áreas e os correspondentes controis de avaliación. Nas áreas de Galego e Castelá xa comecei a introducirvos algunhas actividades do tema 8º que xa están supertraballadas do curso anterior.
Non deixedes de visualizar os vídeos e actividades dos ecosistemas, na clase non dá tempo de velos todos a diario e vós individualmente debedes practicalos e aprendelos.
Lembrade traer o máis axiña posible os traballos sobre os ecosistemas acuáticos do noso proxecto "A esfera da auga".
En Matemáticas toca dar fin aos decimais e tendes montóns de actividades para practicar, igual que de problemas. Non esquezades a división por dúas cifras que tamén tedes un vídeo para practicalas.
Na área de plástica continuaremos a traballar a época exípcea e deixovos dúas entradas sobre o tema que veremos na sesión de clase.
Para que practiquedes un pouco de francés. |
Très bien!!!
ResponderEliminarEt j'espère que vous aurez tous de très bonnes notes! Avec une prof si dynamique!