lunes, 25 de febrero de 2013

Traballo semanal

Programación semanal da derradeira semana de febreiro:

Tócanos rematar o tema 7º en todas as áreas e os correspondentes controis de avaliación. Nas áreas de Galego e Castelá xa comecei a introducirvos algunhas actividades do tema 8º que xa están supertraballadas do curso anterior. 

      Non deixedes de visualizar os vídeos e actividades dos ecosistemas, na clase non dá tempo de velos todos a diario e vós individualmente debedes practicalos e aprendelos.

  •      Lembrade traer o máis axiña posible os traballos sobre os ecosistemas acuáticos do noso proxecto "A esfera da auga".

      En Matemáticas toca dar fin aos decimais e tendes montóns de actividades para practicar, igual que de problemas. Non esquezades a división por dúas cifras que tamén tedes un vídeo para practicalas.

       Na área de plástica continuaremos a traballar a época exípcea e deixovos dúas entradas sobre o tema que veremos na sesión de clase.

Para que practiquedes un pouco de francés.
Datas de controis:

         Martes 26: Lingua Castelá

           Mércores 27: Matemáticas

Xoves 28: C. Medio

         Venres 1: Lingua Galega

1 comentario:

  1. Très bien!!!
    Et j'espère que vous aurez tous de très bonnes notes! Avec une prof si dynamique!

    ResponderEliminar