domingo, 21 de abril de 2013

Realizamos unha macedonia e brochetas de froitos.

Continuando co estudo dos froitos,na clase de Galego o día 15 de abril, os nenos de 3ºA e 4ºA realizaron unha macedonia  e brochetas. Trouxeron os froitos, peláronos, cortáronos en anaquiños e finalmente fixeron a macedonia e as brochetas.Os máis golosos edulcoraron o prato con nata. Temos que agradecer a axuda das profes Angélica e Ángela. Neste cole gústanos compartir experiencias!!!

                                                                   Se voltades a ollar a  entrada anterior do estudo dos froitos, podedes recordar como prantexamos o traballo. Aquí vai unha mostra dos textos escritos realizados tras degustar a rica macedonia. Espero recordedes ben o nome dos froitos e características!!!

  •  Ah,que non se vós olvide que para conseguir o diploma individual de alumno/a con bos hábitos alimenticios, debemos continuar cos recreos saudables.

1 comentario:

  1. Ola Isabel son sara aos meus pais e a min gústanos moito o blog sobre todo os xogos.bicos,Adeus

    ResponderEliminar