sábado, 16 de marzo de 2013

Programación semanal:


                                                                             

Comeza a semana final deste trimestre e con ela as sempre esperadas cualificacións.Unha enhoraboa para os aprobados/as e un esforzo máis para aqueles/as que andan un pouco froxiños.
              Pasados xa os controis adicarémonos a dar escopetazo final aos últimos temas e traballaremos bastante co blog.
Como moi ben sabedes, estudaremos os sectores do traballo (Tendes unha boísima entrada en C.Medio),as unidades de capacidade e masa, os determinantes e conceptos básicos ortográficos dos temas nove e dez das linguas.Deixo unha entrada interactiva co resumo dos contidos dos temas de castelá.En plástica seguindo co noso proxecto de pintura camiñaremos pola época clásica que xa comezamos na sesión anterior. Deixovos dous vídeos para que olledes e traballemos na clase.
                                     Felices vacacións de Pascua das que me traeredes feito un mural sobre profesións relacionadas coa auga para continuar co proxecto de centro. Traédeo en cartuliña feito.Podedes sacar información e debuxos de Internet.Técnica libre, sede orixinais e non o fagades a cen por hora.
                                    Botareivos de menos, porque todos sabedes que estou superfeliz o tempo que pasamos xuntos; grazas polas bonitas palabras que alguns/as me escribístedes nos textos escritos dos controis e que ben explicástedes cómo traballamos e os recursos que utilizamos. Xa, xa sei....que algunha vez enfadámonos un "chisquiño", pero é normal na convivencia diaria. Bicos de chocolate para toda a vindeira semana e coidado con tanto doce de Pascua.
   
   

                                                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario