sábado, 9 de marzo de 2013

Programación semanal


Dinámica de aula do 11 ao 15 de marzo:                                     

Matemáticas

Na carreira de fondo que emprendemos esta semana tócanos darlle "caña" ás unidades de capacidade e masa, sen esquecernos do cálculo e problemas que como sabedes son o noso "cabalo de batalla diario". Tendes un montón de entradas de unidades de medida no apartado de Mate no blog.

Linguas

Seguiremos a traballar no Plan lector "El Jajilé Azul" no que nos quedan algunhas interesantes actividades por facer. Daremos un repaso aos determinantes dos que vos deixo varias entradas no blog para que repasedes. Non deixedes de ollar as actividades de Anaya  nunha entrada que vos deixei de recursos e senón no enlace da dereita. Ah, muchachitos/as a escritura é básica e o noso taller está cada día suspirando por unha nova entrega. Non me queixo, xa que cada día sodes mellores escritores e eu desfruto un montón lendo os vosos textos.

C. Medio

Remataremos o tema da agricultura  e gandería e comezaremos cos sectores do traballo. Adicaremos un apartado especial ás profesións que están relacionadas coa auga, polo noso proxecto de Centro. No blog tendes o resumo e actividades de reforzo. Gustaravos, porque é un tema moi doado.Tendes tamén algunha entrada interactiva.

Plástica

Remataremos a etapa  Exipcia. Estou desexando ver os vosos traballos rematados e iniciaremos o período clásico.Daremos un paseo pola escultura e a vós tocaravos rematar un "busto clásico".  Non quero adelantarvos moito até que vexades os vídeos.

                                               FELIZ  SEMANA...... As medallas e copas están desexando verse colgadas dos vosos pescozos!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario