sábado, 16 de febrero de 2013

Programación Semanal

Como será o noso "Cascarilla"da biblioteca, andará polo cole pasado por auga?

Matemáticas

Traballaremos os decimais tanto en ficha que tendes pegadas no caderno, como actividades do libro e online do blog e outros recursos.Tampouco olvidaremos o cálculo e problemas que todos sabedes é básico a diario.

Linguas:

Darémoslle "caña" aos contidos fundamentais dos temas 7º e 8º. Partiremos do adxectivo, pasaremos a toda máquina os prefixos, a ortografía do d/ z /x e uso do v e na expresión escrita a poesía. Espero  vervos convertidos en "sensibles poetas e poetisas".Teremos que activar motores pois o tempo apremia.

C. Medio

Tócanos darlle un repaso aos Ecosistemas que deixamos atrás por globalizar temas da relación co medio de animais, plantas e persoas.Veremos algún vídeo da auga para non olvidar o noso proxecto trimestral.Oh, Oh.....xa xei  que parece que estamos a facer unha carreira de fondo!!!!

Plástica

Non olvidedes entregarme para puntuar o debuxo do inverno.Con tanto mural do Día da Paz, Entroido... temos un pouco olvidado o noso proxecto de pintura. Ollade no blog o vídeo da pintura a través do tempo. Necesitamos traer un pouco de area para traballar as pirámides exípceas.


  •  Feliz semana a todos e estudade, por favor, non descoidedes os cadernos e unha perfecta autocorrección; xa sabedes que vou a avalialos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario