sábado, 2 de febrero de 2013

Plan de traballo semanal do 4 ao 8 de febreiro

Matemáticas

Traballaremos o tema 7 dos decimais, en entradas anteriores deixovos exercicios de cálculo, problemas e decimais para que practiquedes.

Linguas: Galego e Castelá: 

Realizaremos o control de avaliación dos conceptos dados de vocabulario,ortografía, nome, a oración, palabras compostas e o conto. Repasarémolo!!!! Iniciaremos a lectura dun libro que quero que sexa sorpresa até que o vexades na clase.

C. Medio:

Remataremos a función de relación nas persoas. Faremos o control do tema. Se nos sobrase un chisquiño de tempo iniciaríamos o tema dos ecosistemas. 

  • Como estará o noso protagonista"Patato"? Non sei se o estaremos coidando ben. Que opinades? Seá o noso condutor no proxecto: "a esfera da auga"

Educación Artística

Coincide a sesión coa celebración do Entroido no cole. Aproveitaremos algún oco para preparar unha carauta.Non descoidedes o voso disfraz de medusa.

  • Ah, tócanos por fin unha nova saída para presenciar o concerto didáctico: "El Cascanueces"
  • IMPORTANTE!!!! O noso compañeiro de clase, ROI, participa neste espectáculo no apartado de ballet. Estamos todos superorgullosos da súa participación.                    

                            Semana do Entroido no cole.


No hay comentarios:

Publicar un comentario