sábado, 19 de enero de 2013

Plan de traballo semanal

Matemáticas:
  1. Continuaremos coas  fraccións que comezamos a semana anterior.
  2. Repaso das operacións básicas.Incidir na división por dúas cifras e problemas.
  3. Practicar o cálculo mental
  4. Mirar no blog no apartado de Mate os temas que estamos a dar.
Linguas:
  1. Traballaremos os contos e a súa estructura.
  2. Escribirán contos para mellorar a expresión escrita.Ollarán modelos feitos en Internet.
  3. Iniciaremos o tema seis nas dúas asignaturas (Ver contidos no libro de texto).Nas fichas que levarán á casa ou que subirei ao blog verán a temática dos mesmos.
  4. Non deixedes de ler todo o que poidades,é básico.
  • Procurade que miren no blog  en recursos Anaya 4º e Clarión 4º os recursos interactivos, tamén no enlace da dereita do cole de Frián-Teis.
 Coñecemento do Medio:
  1. Remataremos, por fin, a reprodución das plantas.
  2. Iniciaremos o tema 7º dos  "" Relacionámonos co mundo" No apartado do blog de Coñecemento introduciremos  varias entradas dos sentidos que lles axudarán para entender o tema.  
  3. Deixovos aquí un enlace para repasar os  sentidos http://cpjoseortegavalderrama.edurioja.org/centro/libros-de-texto/310-los-organos-de-los-sentidos- 
  • Traballaremos as actividades que están no blog do día da Paz relacionadas coa auga, proxecto a traballar ao longo do trimestre.  
Plástica: 
  • Traballos sobre o día da Paz. Lembrade que hai que entregar o debuxo iniciado para o concurso da biblioteca González Garcés. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario