ACHÉGASE O ENTROIDO:
Como xa vístedes, polas notas que vos mandamos, achégase o entroido ao cole.
Seguindo co noso proxecto a"esfera da auga"tocounos ao 2º ciclo ir disfrazados de medusas.Coma sempre pedimos a colaboración das familias para a realización do mesmo.Na entrada do colexio podedes ver xa preparado un modelo do noso disfraz.
Realización:
Nun paraugas, mellor transparente,pegamos polo interior con cinta adhesiva ou grampas, tiras de aproximadamente un metro de longo de plástico de burbullas ou da cor do paraugas.Traer vestimenta de acordo coa cor do paraugas.
Grazas e agardamos a vosa colaboración.
As titoras do 2º ciclo
No hay comentarios:
Publicar un comentario